Afundación reivindica o Lugrís muralista cunha grande exposición

Lugrís, paredes soñadas poderá verse na Coruña a partir do 31 de marzo

16/3/2017 | Santiago. Redacción | Seccións: ArteExposicións
Compartir:

Retablo de Lugrís para o Instituto de Cultura Hispánica de Madrid. Foto: Abanca

Por vez primeira unha grande exposición recolle o traballo de Urbano Lugrís como muralista. A sede de Afundación na Coruña abre o vindeiro 31 de marzo Lugrís, paredes soñadas, unha selección de 106 pezas dos fondos de Abanca e de Afundación que se presentan a coincidir co fin dos traballos de restauración do mural Vista de A Coruña 1669, que ficará exposto na sede do banco na cidade. Rubén Ventureira comisaría un proxecto no que se inclúen pezas de colección particulares, entre elas varias que nunca se amosaran en público, como o rascuño para a igrexa de San Pedro de Visma, o óleo Stella Maris, os vidros decorativos dunha celosía deseñados para unha vivenda da Coruña, un mural que pintou no Sanatorio Álvarez, de Santiago ou debuxos realizados para a revista Vida Galega. A mostra, que contará cun amplo catálogo, poderá verse ata o vindeiro 2 de setembro.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con A Coruña, Afundación, Urbano Lugrís, San Pedro...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos
Lugares