O Festival Kerouac reúne o grupo Rompente na súa nova edición

Vigo acolle a novena xeira do evento entre o 3 e o 9 de outubro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Festival Kerouac reúne o grupo Rompente na súa nova edición

Un recital das persoas que participan no obradoiro de tradución poética Con barqueira e remador abre na tarde deste 3 de outubro na galería Sargadelos de Vigo o Festival Kerouac. O evento de Poesía e Perfomance desenvólvese na cidade olívica ata o vindeiro día 6 coa presenza dunha corentena de nomes en cartel. Lisboa Poetry Ensemble, Rocío Cerón, Silvia Penas, Tamara Andrés, Samir Delgado, Yolanda Castaño, Moloch, Constance Hurlé e Rui Grelha, Lúa Mosquetera, Noctiluca, Daniel Rodríguez ou Beatriz Alonso entre outros.

Como fito destacado desta edición, a organización salienta a presenza do grupo Rompente. Antón Reixa, Manolo Romón e Alberto Abendaño soben de novo ao escenario corenta anos despois da fundación desta proposta literaria que revolucionou a poesía do país. As actividades do evento inclúen o Poemóbil, "un coche con megafonía no que os poetas circulan recitando poesía", visitas a centros de ensino ou a inauguración dun novo tramo do Muro dos Poetas.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito