Nikola Madzirov (Macedonia), Yasuhiro Yotsumoto (Xapón), Tal Nitzán (Israel), Josep M. RodrÃguez (Cataluña), Sholeh Wolpé (Irán), Ostap Slyvynsky (UcraÃna) e EstÃbaliz Espinosa (Galicia) participan desde o pasado 19 de outubro no IV Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador. Esta iniciativa, que se desenvolve na Illa de San Simón, explora as posibilidades e os problemas de trasladar versos entre linguas. Dentro do programa do evento, a Casa das Campás de Pontevedra acolle esta tarde, ás 21:20 horas, un recital que amosa os resultados do traballo que realizan os autores. Mañá, xoves 22 o recital desenvolverase no Charenton Club de Vigo a partir das 20 horas e o venres o Multiúsos da Xunqueira, en Redondela, dará acubillo ás voces destes poetas.