San Simón inicia unha nova xeira de Con barqueira e remador

O obradoiro de tradución poética congrega a Francesca Cricelli, Rita Dahl, Estevo Creus, Antón García, Hu Xudong e Tomica Bajsic

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
San Simón inicia unha nova xeira de Con barqueira e remador

Por sexto ano consecutivo, a Illa de San Simón convértese desde hoxe e ata o vindeiro 21 de outubro en sede do Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador. Os poetas Francesca Cricelli, Rita Dahl, Estevo Creus, Antón García, Hu Xudong e Tomica Bajsic participan na iniciativa que coordina Yolanda Castaño e na que cada un deles traducirá e interpretará textos dos demais. Como principal novidade desta edición destaca que a lingua de traballo será por vez primeira o portugués no canto do inglés como ata o momento. Segundo destaca a presentación desta xeira, esta modificación xorde "desafiando a anglófona hexemonía lingüística actual". Como parte do programa desenvolveranse tres recitais multilingües os días 18, 19 e 20 na Casa da Luz de Pontevedra, no Instituto Camões de Vigo, e na Casa da Cultura de Redondela, todos eles ás 20 horas.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Estevo Creus, Tradución, Obradoiro, Yolanda Castaño...