Con barqueira e remador cumpre 5 anos na illa de San Simón

O obradoiro de tradución poética contará por vez primeira con textos en búlgaro e ucraíno

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:
Con barqueira e remador cumpre 5 anos na illa de San Simón

Por quinto ano, o Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador volta á Illa de Simón. Será entre os días 17 e 22 de outubro e contará coa presenza dos autores Dores Tembrás, Damir Šodan, Tsvetanka Elenkova, Igor Kotjuh, Miriam Reyes e Ostap Slyvynsky, que traducirán ás súas respectivas linguas os traballos dos participantes. Por vez primeira, o búlgaro e o ucraíno fan parte desta experiencia, onde compartirán espazo co galego, o croata, o ruso e o castelán. Para alén das sesións de tradución, o evento inclúe tres recitais abertos so públicos que se desenvolverán na Casa da Luz de Pontevedra (19 de outubro ás 20:00 horas), no Mercado Progreso de Vigo, (día 20 ás 19:00 horas) e no Multiúsos da Xunqueira, en Redondela (día 21 ás 20:00 horas).

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Tradución, Obradoiro, Illa de San Simón, Dores Tembrás...