San Simón acollerá un obradoiro internacional de tradución de poesía

Con barqueiro e remador celebrarase do 29 de outubro ao 3 de novembro

18/10/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: literaturalingua
28 lecturas | Compartido 0 veces
Sete poetas doutras tantas comunidades lingüísticas encontraranse na Illa de San Simón para celebrar un obradoiro internacional de tradución poética. Baixo o título Con barqueiro e remador, Yolanda Castaño coordina este evento, que organiza a Consellaría de Cultura e que se celebrará entre o 29 de outubro e o 3 de novembro. No programa, canda a ela, está prevista a presenza de Brane Mozetič(esloveno), Margrét Lóa Jónsdóttir (islandés), Txema Martínez (catalán), Marko Pogačar (croata), Sergej Timofejev (ruso) e Merja Virolainen (finés).
No encontro verteranse ata sete páxinas de textos de cada un destes autores ás linguas de todos os demais, nun proceso interactivo que incluirá debates, diálogos, lecturas en voz alta. Dous recitais, unha mesa redonda sobre Que significa ser poeta en cada un dos lugares e un roteiro literario por Vigo completan o programa deste evento.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
4 lugares identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Conceptos