Unha edición totalmente en liña e totalmente feminina. O IX Obradoiro Internacional de Tradución Poética Con barqueira e remador reinvéntase neste 2020 cunha xeira que se desenvolverá entre o 30 de novembro e o 5 de decembro a reunir seis participantes "que responden ao esixente perfil de seren poetas ben representativas dos seus territorios lingüÃsticos e posuíren á vez experiencia como tradutoras literarias". Zhou Zan, Grażyna Wojcieszko, Laura Accerboni, Laia Malo, Barbara Pogačnik e Lara Dopazo Ruibal traduciranse mututamente entre chinés, polaco, italiano, catalán, esloveno e galego, a empregar o inglés como lingua franca da actividade.
Un recital colectivo que se poderá seguir na canle da ConsellerÃa de Cultura en Youtube o vindeiro 3 de decembro ás 17:00 horas amosará o resultado deste labor, que tamén sairá editado nun libro por parte da Deputación de Pontevedra.