Sete autores cítanse no II Obradoiro Internacional de Tradución Poética

Celébrase ata o 19 de outubro na illa de San Simón e en varias cidades

| Santiago. Redacción | Seccións:
Compartir:

Chámanse Gökçenur Ç (Turquía), Kätlin Kaldmaa (Estonia), Xuan Bello (Asturias), Samira Negrouche (Alxeria), Lawrence Schimel (EEUU), Anna T. Szabó (Hungría) e Isaac Xubín (Galicia). Os sete, coordinados por Iolanda Castaño, séntanse na Illa de San Simón e a través do inglés, a lingua franca do proxecto, traballan cunha selección de textos poéticos propios verquidos ao galego. Ao mesmo tempo, desde hoxe comeza un programa de recitais públicos en diferentes cidades. Pontevedra acolle hoxe mércores na Casa das Campás o recital "Atendendo ao meu amigo", a Casa Galega da Cultura de Vigo é o espazo no que se celebrará mañá xoves 17 a mesa redonda "Cercando as ondas" e o venres, no auditorio do multiusos de Redondela, o recital "Atendendo ao meu amigo".

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Illa de San Simón, Tradución, Obradoiro, Isaac Xubín...