As ondas que inspiraron a Mendinho no século XIII servirán hoxe de marco a artistas, crÃticos, profesores universitarios, directores de museos e xestores culturais para abordar o estado actual da arte. Trátase dunha xornada que organiza a ConsellarÃa de Cultura na illa de San Simón, na que se ultiman as obras que darán pé a unha nova xestión cultural deste espazo estratexicamente situado.
"O obxectivo deste encontro é favorecer o intercambio de experiencias e puntos de vista entre os novos valores das artes plásticas e outorgarlles a posibilidade de amosar as súas inquietudes e propostas aos profesionais da arte que participen na convocatoria". A nota de prensa da ConsellarÃa de Cultura explicaba asà o obxectivo dun encontro que hoxe concentrará na Illa de San Simón a todas aquelas persoas que polas súas mans teñen a capacidade de dirixir e marcar as pautas directrices da arte actual.
A xornada
Desde as nove e media da mañá até as oito da arte, estes mozos (é condición indispensábel que teñan menos de trinta e cinco anos) comentarán as súas experiencias desde o campo de traballo que pode ofrecer cada quen. Por exemplo a perspectiva académica ofrecerana Susana Cendán e David Barro; Fátima Otero achegará o seu punto de vista crÃtico e logo os responsábeis do Museo de Arte Contemporáneo Unión Fenosa (MACUF), o Museo Provincial de Lugo, o Centro Galego de Arte Contemporánea, a Facultade de Belas Artes de Pontevedra e a Bienal Laxeiro achegarán as liñas de traballo de cada centro. Ao encontro asistirá tamén o presidente da Xunta de Galicia, Manuel Fraga que almorzará cos artistas para coñecer de primeira man os resultados desta posta en común.
Entre as propostas que se analizarán no transcurso destas xornadas de debate hai ideas tan dispares como a creación dun colexio de historiadores ou unha proposta de renovación no deseño e montaxe de exposicións. De todos os xeitos, será á unha da tarde cando LuÃs Caruncho e Itziar Ezquieta lerán un resumo final coas conclusións que xordan desa xornada.
Un marco con fondo
A illa que inspirou ao trobador medieval Mendinho e que serviu de penal durante os escuros anos da guerra civil está agora a mudar a súa cara. Trátase dun plan de rehabilitación que está na última fase e que ten previsto abrir as súas portas como illa cultural a principios do ano que vén. A partir desa data, a Illa de San Simón convertirase nun complexo cultural que ten un museo, varios miradoiros, un edificio multiusos, unha capela, unha casa de oficios do mar e unha escola de vela, unha residencia para cursos e seminarios, unha cafetarÃa comedor e un acuario. O proxecto deseñado foi polo arquitecto vigués César Portela para o Instituto de Conservación e Restauración de Bens Culturais da ConsellarÃa de Cultura, Comunicación Social e Turismo da Xunta de Galicia e que recorrerán hoxe os artistas que fan parte deste encontro.
O coñecido como "Plan Director de acondicionamento da Illa de San Simón" leva máis de tres anos en marcha e tivo un orzamento duns 450.000 euros. A rehabilitación da illa está destinada á celebración de actividades de carácter cultural, relacionadas con simposios, congresos e actividades da escola de vela que ten a propia illa. Alén diso, a rehabilitación e o seu posterior uso, pretenden conservar o valor da illa como referente histórico de Galicia, refuxio de piratas e mosteiro templario da Idade Media, e a súa riqueza paisaxÃstica e medioambiental, polo que a súa entrada será restrinxida ás actividades organizadas pola ConsellarÃa.