Allariz celebra o seu X Poemagosto

A edición deste 5 de outubro conta con Silvia Penas, Samuel Merino ou Carlos Da Aira entre outros nomes

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Allariz celebra o seu X Poemagosto

Un recital aberto en solidariedade con Palestina abre este 5 de outubro a décima xeira do Poemagosto. O Festival Internacional de Poesía celébrase un ano máis en Allariz a contar con Silvia Penas, Samuel Merino, Verónica Martínez Delgado, Luix Kaf, Rochi Nóvoa e Carlos Da Aira como nomes principais do cartel. Os e as participantes desenvolverán dous recitais conxuntos durante a mañá e a tarde da xornada.

Un concerto de Tesouro completa a sesión de mañá do encontro, e durante a tarde Xurxo Souto presentará a obra Somos un pobo de artistas e Luix Kaf achegará un recital de electropoesía. A xornada finalizará cun concerto a cargo de Coanhadeira e cunha foliada da man do grupo Xúa.

Que che parece esta nova?
96 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

A poesía toma Allariz

A poesía toma Allariz

A vila dedícalle á lírica o Festival de Xardíns e celebra o Poemagosto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Allariz, Samuel Merino, Silvia Penas, Carlos Da Aira...