O Festival de Poesía do Condado volve reunir en Salvaterra aos creadores contemporáneos

Celebra a súa 37ª edición os vindeiros días cinco e seis de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaMúsica
Compartir:
O Festival de Poesía do Condado volve reunir en Salvaterra aos creadores contemporáneos

O Festival de Poesía do Condado, en Salvaterra do Miño mantén a súa chama acesa e celebra a súa 37ª edición os vindeiros 5 e 6 de setembro. A cita co xénero lírico, complementada cunha oferta musical, reunirá na vila unha importante representación da poesía contemporánea que ten a lingua e cultura galegas como nexo de unión. Silvia Penas, Samuel Merino, Daniel Salgado, Nieves Rodríguez, Emma Couceiro, Aurora Abelairas, Silvia Mota, Paco Barreiro, Masha Álvare a O Leo Arremaghona conforman o cartel poético. Ademais dos recitais abertos, poderanse ver as actuacións musicais de Dakidarría, OMIRI, Hugo Guezeta, Cuarteto Caramuxo, Xosé Lois Romer & Aliboria e a Banda Xangai, liderada por Xurxo Souto entre outros.

Que che parece esta nova?
142 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Paco Barreiro, Daniel Salgado, Samuel Merino...