Allariz aposta pola poesÃa nesta temporada. A vila celebra do 11 ao 13 de outubro vindeiros a sexta edición do Poemagosto, festival internacional de poesÃa que inclúe no seu programa recitais, actuacións musicais ou actividades para o público máis cativo. A dominicana Rosa Silverio e o Salmantino Raúl de Tapia abren o programa cun recital conxunto o dÃa 11. Nesa mesma noite o clown de Duende Circo dará paso á festa do Poemagosto con LucÃa Aldao e Lois Pérez. Lidia Nokonoko, Rui Spranger, Mercedes Gómez Blesa, Dolors Miquel, o Colectivo Manuel ou Vera Cruz son outros dos nomes achegarán os seus versos ao encontro. Un concerto de Habelas Hainas fechará o programa na noite do 12 de outubro.
Canda a isto, o concello acaba de abrir a convocatoria para o vindeiro Festival Internacional de XardÃns, que se desenvolverá en 2020. O tema seleccionado para o certame será nesta ocasión a poesÃa. A organización chama a crear espazos "que recreen, en cada parcela, o espÃrito dun/ha poeta ou a atmosfera dun movemento poético". Segundo explican, "é unha forma de homenaxear a poesÃa que permitirá unir arte, cultura e paisaxismo e procurará á escolla de poetas representativos/as de cada pobo ao longo da historia".