O Poemagosto de Allariz celebra a súa novena edición

O encontro outonal coa poesía reúne actividades literarias e musicais esta fin de semana

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
O Poemagosto de Allariz celebra a súa novena edición

Despois de 8 edicións consecutivas e dun ano de pausa o concello de Allariz volve acoller o Poemagosto, o seu encontro coa poesía no outono, que inclúe ademais outras actividades. Estes vindeiros venres e sábado (6 e 7 de outubro) celebrarase a que será a novena edición deste festival poético, que con perspectiva internacional reúne a poetas de diversas orixes. Así, este ano estarán na vila alaricana as galegas Branca Trigo e Sara Plaza, o asturiano Xuan Bello, a escritora castelá Mª Ángeles Pérez López e a polaca Marta Eloy Cichocka. O programa inclúe varias actuacións musicais a cargo de artistas como Marta Bravo & Sérgio Tannus; Su Garrido Pombo; Diana Tarín & Héctor Lorenzo e as formacións Roña e Tor. Ademais haberá tamén un obradoiro de pandeiretas con materiais de refugallo, con Lorena Aula Cantarela e espectáculos de danza, rematando cunha foliada.

Que che parece esta nova?
118 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

A poesía toma Allariz

A poesía toma Allariz

A vila dedícalle á lírica o Festival de Xardíns e celebra o Poemagosto

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Su Garrido Pombo, Sérgio Tannus, Branca Trigo...