O Festival de Poesía do Condado centrarase en Escrever nas margens

Salvaterra acolle a XXVIII edición do evento os vindeiros 5 e 6 de setembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Festival de Poesía do Condado centrarase en Escrever nas margens

Música, poesía, obradoiros ou audiovisuais danse cita como é habitual na XXVIII edición do Festival de Poesía do Condado. Salvaterra acolle os días 5 e 6 de setembor a nova xeira do encontro que se celebra baixo o lema Escrever nas margens: O programa inclúe actuacións musicais como as de Sés, A Quenlla, Fortuítos, The Tetas Van, Liska! a Fanfarria Takikardia ou Blues do País. Viale Moutinho, Teresa Moure, F. Álvarez Koki, Alicia Fernández, Paula Carballeira, Ismael Ramos, Marília Miranda, Xabier Cordal, Xesús Rábade, Berta Davila e Concha Rousia serán os autores que recitarán no encontro na noite do sábado seis. A maiores, haberá proxeccións audiovisuais, un obradoiro de pandeireta, mercado de artesanía e mesas redondas sobre cuestións como a banca ética ou a bioconstrución.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Obradoiro, Teresa Moure, Paula Carballeira...