Comeza o Festival de Poesía do Condado, que desta volta centra nos ríos a súa actividade

Salvaterra dos ríos

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Unha nova edición do evento poético máis reivindicativo do país chega a Salvaterra do Miño. O Festival de Poesía do Condado alcanza a súa décimo novena edición reunindo un bo feixe de nomes do panorama lírico baixo o lema “Salvemos os ríos”. Antón Lopo, Mario Herrero, Bernardino Graña, Afonso Pexegueiro e Luz Pozo Garza son algúns dos nomes que participarán neste evento. Canda a eles, unha serie de proxeccións audiovisuais farán un percorrido pola historia do cine en Galicia, haberá actuacións musicais e mesmo mostras de arte e artesanía.

Máis información no Portal Galego da Língua e no web do festival

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Bernardino Graña, Luz Pozo Garza, Antón Lopo...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares