A localidade de Salvaterra do Miño acolle do 2 ao 4 de setembro a décimo oitava edición do Festival Poético do Condado

Condado libre

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Aquel que nacera coa primeira edición do Festival Poético do Condado fai agora a súa maioría de idade e pode asistir a un evento que transcende o literario para abarcar calquera forma de expresión artística. Durante os tres días, entre o 2 e o 4 de setembro, na localidade de Salvaterra poderá asistir a recitais poéticos, exposicións, concertos, conferencias e proxeccións audiovisuais. A defensa das liberdades é o eixo sobre o que este ano a Sociedade Cultural e Deportiva, organizadora do evento, fai xirar o festival. Poetas galegos, portugueses, e mesmo unha representación das poesías vasca e angoleña aportarán os seus versos.

Máis información en Galicia Hoxe
e en El Correo Gallego

Que che parece esta nova?
40 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miño, Exposicións, Galicia Hoxe, El Correo Gallego

Claves

Conceptos
Lugares