Música, proxeccións audiovisuais e recitais na vixésima edición do Festival de Poesía do Condado

20 de 25

Cúmprense vinte e cinco anos desde que se celebrara a primeira edición do Festival de Poesía do Condado, por iso, os seus organizadores (a Sociedade cultural e Desportiva do Condado) conmemora as vodas de prata coa lenda “25 anos construíndo futuro”. O XX festival que comeza mañá amplía ten un día máis que as edicións anteriores e a organización facilitará autobuses e trens de balde para que a xente poida acudir a esta festa. Malia que comezou sendo como un festival literario, hoxe en día é moito máis ca iso: proxeccións audiovisuais e o festival Ska de Hip-Hop no que participarán Díos Ke Te Crew, Betagarri e Banda Bassotti, completan o cartel desta edición.

Mais información no web do Festival