Arrinca en Salvaterra a XVIII Edición do Festival de Poesía do Condado, que reúne algúns dos nomes máis destacados da nosa cultura

Fálase onda o Miño

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
“Em defesa das liberdades” é o lema do XVIII Festival de Poesía do Condado, a máis masiva celebración das nosas letras. Desta volta, o encontro reúne poetas coma Xosé María Álvarez Caccamo, Marica Campo, María Lado ou Carlos Quiroga entre outros. Onda eles, concertos a cargo de Uxía Senlle e Mercedes Peón, Xistra de Coruxo ou o grupo Terrakota, actividades para nenos, proxección de audiovisuais e outro completan un programa que pretende reunir de novo unha multitude arredor da palabra.

Máis información no web do festival; en Galicia Hoxe e no noso tema sobre o festival

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Poesía, Miño, Xosé María Álvarez, Marica Campo...