Un programa de radio ao vivo, unha noite de variedades e actuacións de rúa compoñen o programa do primeiro Leverelem, que se celebra en Pontevedra os vindeiros 5 e 6 de outubro. Este festival das artes e da fala céntrase na "oralidade como medio artÃstico e de expresión" e quere abranguer disciplinas como a poesÃa, o teatro, o conto, a canción, o humor, a regueifa ou o cabaret entre outros. Nesta primeira xeira contará coa presenza de Xurxo Souto, que guiará o programa de Radio e de Quico Cadaval como presentador da noite de variedades. Canda a eles, unha vintena de artistas como Paulina Ceremuzynska, Sés, Novos Diplomáticos, Paula Carballeira, Chévere ou Pel de noz fan parte do programa, coordinado pola Central Folque.
Programa de Leverelem.