O Festival Mozart queda sen óperas

O evento celebra a súa XV Edición cun programa de 19 concertos

18/4/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cartel do XV Festival Mozart

Con 600.000 euros, a metade de orzamento que na súa anterior edición, o Festival Mozart cumpre quince anos cun programa de 19 concertos no que destaca a ausencia da ópera. A iniciativa abre os vindeiros 12 e 13 de maio con dous concertos da Orquestra Sinfónica de Galicia, que celebra os seus vinte anos, nos que estreará a Alborada de noite e luz, de Juan Durán, e a Sinfonía nº9 en re menor, de Beethoven. Canda a esta formación, Michael Nyman e a súa banda, o Cuarteto Casals, o dúo Iván Martín-Iagoba Fanlo ou Carlos Núñez son outros nomes que compoñen o programa. Para alén da Coruña, a cita prevé actuacións en Ferrol e en Lugo. Esta é a primeira edición do festival que non conta co apoio da Fundación Novacaixagalicia.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Mozart, Ópera, Festival Mozart, Carlos Núñez...