O Festival de Música Cidade de Lugo fai 40 anos

Oito concertos e un ballet compoñen o programa que se desenvolverá entre o 26 de maio e o 2 de xuño

11/5/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Unha das citas máis veteranas dos sons clásicos en Galicia, o Festival de Música Cidade de Lugo 2012- Semana de Música do Corpus, presenta este ano a súa 40 edición, na que se busca darlle máis protagonismo a formación locais. A Sociedade Filharmónica Lucense coordina un programa que inclúe os concertos de Forma Antiqua, Sergei Yerokhin, a Orquestra Sinfónica de Burgos, o grupo vocal Sólo Voces, La Bellemont, Tercia Realidad e Julia Doley e mais Thomas Demenga & Patrick Demenga. Canda a eles, o programa para nenos achega a actuación da Orquestra de Nenos da Orquestra Sinfónica de Galicia e mais a representación do ballet O Crebanoces a cargo dos alumnos do Conservatorio de Danza de Lugo.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Orquestra Sinfónica de Galicia, Clásicos, Danza...

Claves

Conceptos
Lugares