A Orquestra Sinfónica de Galicia achegará 33 actuacións na Coruña durante a súa nova temporada

A formación realizará a súa primeira xira polo Reino Unido e visitará o festival Musika de Bilbao

Vinte e dous concertos nos venres e once nos sábados compoñen a programación de abono que a Orquestra Sinfónica de Galicia desenvolverá na Coruña ao longo da vindeira temporada, entre 10 de octubre e o 13 de xuño. O director titular Roberto González-Monjas abrirá o programa con tres concertos nos que, coa colaboración de Alexandre Kantorow ao piano, se interpretarán pezas de Prokofiev, Tchaikovski e Rimski-Korsakov.

González-Monjas alternará batuta nesta temporada con nomes convidados como Dima Slobodeniouk, Víctor Pablo Pérez e José Trigueros. A estas súmanse as directoras Ana María Patiño, Eva Ollikainen e Delyana Lazarova. A estas súmanse as participación de solistas como Javier Perianes, Maximilian Hornung e Thibaut García, entre outros. A nivel de composición a formación atenderá a creacións de Schumann, Bartok, Dvorak, Mozart, Ravel, Bruckner, Chopin, Joaquín Rodrigo, Manuel de Falla, Purcell ou Marcial del Adalid.

Como un dos fitos propostos está Chorus, un espectáculo coral que reunirá a Orquestra Xove con todas as agrupacións infantís e xuvenís da formación e 750 escolares da cidade. Outra das novidades da temporada será a primeira xira polo Reino Unido da formación, que visitará sete cidades a incluír Londres, Bristol, Manchester ou Nottingham. Tamén está prevista a participación da formación no festival Musika de Bilbao.