A celebración do 127 aniversario da morte de Johannes Brahms aparece como un dos eixes da programación da vindeira temporada da Orquestra Sinfónica de Galicia. A formación achegou un adianto do seu programa para o que resta de 2023 e a primeira parte de 2024, un perÃodo no que se estrea baixo a batuta de Roberto González-Monjas
Deste xeito, todas as sinfonÃas do compositor, asà como a súa Canción do destino para coro e orquestra e o seu Concerto para piano nº 2 farán parte do programa. Canda a el, pezas de Ludwig van Beethoven, Robert Schumann Franz Schubert, Anton Bruckner ou Gustav Mahler estarán presentes nos recitais por vir.
Anders Hilborg e Andrea Tarrodi con Eleven Gates e Ascent asà como a norteamericana Jessie Montgomery e o seu Records from a Vanishing City, e o noruegués Johan Halvorsen fan tamén parte dunh temporada na que colle protagonismo o Coro da OSG, con ata seis concertos programados baixo a coordinación de Carlos Mena e Javier Fajardo.
Outros nomes da composición que están presentes nas previsións da orquestra son o galego Juan Durán, que estrea Terra no marco das celebracións do 40 aniversario do Consello da Cultura Galega, Amargós e o seu En libertad, o venezolano Pacho Flores e a obra encarga Concerto para clarinete e Jesús Torres co seu Concerto para violÃn.
Canda a González-Monjas, collerán a batuta da formación Dima Slobodeniouk, con dous concertos, o director honorario VÃctor Pablo Pérez e o seu asociado José Trigueros entre outros. O barÃtono italiano Andrè Schuen, que cantará os Kindertotenlieder de Mahler, a soprano Claire Both coas Catro derradeiras cancións de Richard Strauss ou a Real FilharmonÃa de Galicia son algúns dos nomes convidados aos programas desta xeira.