A Orquestra Sinfónica de Galicia contará cun orzamento de marca en 2026

O Consorcio para a Promoción da Música dispón de 11,3 millóns de euros para a súa actividade

28/1/2026 | Santiago. Redacción | Seccións: música
65 lecturas | Compartido 0 veces

Concierto da X Temporada da OSG. Fotografía de Alberte Peiteavel. Fonte: Web da OSG

O Concello da Coruña presentaba este 27 de xaneiro o orzamento da Orquestra Sinfónica de Galicia para 2026, que bate marcas no financiamento da formación. En total, a entidade contará, a través do Consorcio para a Promoción da Música, con 11,6 millóns de euros para desenvolver a súa actividade. Entre outras novidades, a formación desenvolverá ao longo deste ano a súa primeira xira polo Reino Unido, con sete concertos, e ten previstos outros dous recitais en Bilbao.
Canda a isto, a OSG prevé desenvolver 32 concertos no Palacio da Ópera da Coruña e 16 máis noutros concellos de Galicia, a incluír visitas a Vigo, Santiago e Ferrol. A isto engádese a estrea da ópera Lúa de Fernando Briones, un programa con música orixinal de filmes de Disney, actividades para alumnado de primaria e o I Festival Internacional de Música para Cinema, que achegará catro concertos monográficos dedicados a compositores contemporáneos.

No novo exercicio, a entidade suma 379.360 euros aos seus fondos. O Concello da Coruña achega 4 millóns do total, aos que se suman as contribucións da Deputación Provincial e da Xunta. Segundo salienta o Concello da Coruña a situación económica actual da entidade finaliza os problemas financeiros que sufriu a Sinfónica ao longo dos últimos anos.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves