A Sinfónica de Galicia recibirá un 4 por cento menos para este 2013

O seu orzamento redúcese a 9.1 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Lonxe queda xa o aquel orzamento de 13, 6 millóns de euros que a Orquestra Sinfónica de Galicia recibiu en 2009. Catro anos despois, a partida da que disporá ascende a 9.1 millóns. A Xunta, a deputación, o concello da Coruña e as empresas privadas que financian o Consorcio para a promoción da música rebaixaron a súa asignación que a entidade pretende paliar incrementando o número de concertos. Concretamente en Vigo, onde grazas a un acordo recente coa Fundación Novacaixagalicia contará co auditorio García Barbón para realizar as súas actividades.

Que che parece esta nova?
55 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Orquestra Sinfónica de Galicia, Concello da Coruña, Vigo

Claves

Lugares