A Concellaría de Cultura da Coruña disporá o vindeiro ano de 16,68 millóns de euros, un 3,8% máis dos fondos para 2013. O concello facía públia esta mañá as contas para o departamento, onde o maior peso vai para o Instituto Municipal Coruña Espectáculos, que coordina a actividade do Coliseum, do Ágora, do Forum e do Teatro Rosalía de Castro, así como diferentes eventos musicais, con 5 millóns de euros. O Consorcio para a promoción da Música, responsable da Orquestra Sinfónica, leva pola súa banda 3,16. Unha das cifras que máis destaca nas contas municipais é o incremento de fondos destinados á Fundación Seoane, cuxa directora foi afastada do posto polo concello hai dúas semanas. A entidade contará para o vindeiro ano con 350.000 fronte aos 230.000 do último exercicio.
As bibliotecas municipais, con 2,6 millóns de orzamento, os Museos Científicos, cunha partida e 863.000 euros son outros dos ámbitos que reciben maiores apoios, mentres para a os convenios con colectivos socioculturais da cidade quedan 116.000 euros.
Entre as novidades das contas municipais está a realización dun estudio sobre o Cemiterio de Santo Amaro en colaboración co Instituto José Cornide, a apostar pola importancia cultural deste conxunto.