A Concellaría de Cultura da Coruña contará nos seus orzamentos para o vindeiro ano con 16,18 millóns de euros, segundo anunciaba onte o goberno municipal. Co obxectivo de consolidar a cidade "como referente cultural do noroeste español", o departamento mantén os seus fondos a un nivel similar ao dos últimos anos. Como novidades para o vindeiro exercicio, adiántase unha grande exposición dedicada a Pablo Picasso e outra sobre Eduardo Chillida, así como a continuidade do programa Coruña Idea (CIDEA). O Instituto Municipal Coruña Espectáculos, que coordina a actividade a actividade do Coliseum, do Ágora, do Forum e do Teatro Rosalía de Castro recibirá un total de catro millóns de euros, un menos que no pasado ano, mentres que o Consorcio para a Promoción da Música vai contar con 3.145.900 euros, entre os que se inclúe a colaboración coa Orquestra Sinfónica de Galicia.
As bibliotecas municipais pasan de 2,6 a 2,5 millóns de euros, e a Fundación Seoane contará con 350.000. Como investimentos especiais abordarase a reforma da climatización da biblioteca de Sagrada Familia (147.897 euros) e mais da cuberta da Fundación Luís Seoane (124.580 euros).