O concello da Coruña deu a coñecer os seus orzamentos para o vindeiro ano 2013. E a concellaría de cultura, que tamén o é de educación, deporte e asuntos sociais, contará con 16 millóns de euros. Desde importe, 3.4 irá para o Consorcio de Promoción da Música, a Escola Municipal de Música e o material da banda Municipal para as súas actividades. O Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) contará con 4.6 millóns. Este departamento contará con 495.000 euros para as realización de exposicións nas salas municipais e 75.000 paras os obradoiros e visitas guiadas. Destaca a reserva de capital (467.000) para obras de mellora da rede de bibliotecas e dos museos científicos coruñeses.
A Concellería de Cultura do Concello da Coruña engloba as bibliotecas municipais, as casas museo, as salas de exposicións, a Escola de Música, a Orquestra Sinfónica de Galicia, a Fundación Luis Seoane, os museos científicos, a Banda Municipal de Música e o Instituto Municipal Coruña Espectáculos, organismo autónomo ao que corresponde a programación de festas, Fórum Metropolitano, Teatro Rosalía Castro, Coliseum e, dende este ano 2012, o Centro Sociocultural Ágora.