Segundo apunta hoxe o xornal La Opinión de A Coruña o Consello Reitor do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE) aprobará na súa reunión deste venres unha redución de 700.000 euros do seu orzamento de 2020. A entidade que contrata e xestiona os programas do Concello que teñan relación coas actividades culturais públicas relacionadas co el mundo do espectáculo e as festas, así como todo o relacionado co uso dos recintos públicos (Coliseum, Teatro Rosalía, Fórum Metropolitano, Centro Ágora, Teatro Colón) tomará previsiblemente esta decisión xa que o Concello decidiu desviar esa cantidade a financiar parte dos 13 millóns do seu plan de reactivación económica local. Ademais dese punto, e segundo o xornal La Opinión, na reunión de hoxe do IMCE tamén se proporá a anulación da reserva de un millón de euros do orzamento para as festas de María Pita de este verán ante a previsión de ter levalas a cabo en formatos diferentes aos habituais sen concertos multitudinarios na praia de Riazor dentro do Festival Noroeste nin na praza de María Pita.