A Coruña destinará dous millóns de euros a cultura

Entre as accións para 2009 está unha nova actuación arqueolóxica no Castro de Elviña

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os orzamentos do Concello da Coruña prevén dedicarlle 2.015.145 euros á Concellaría de Cultura. No entanto, a cámara municipal ten outras partidas que tamén afectan ao ámbito cultural. Por exemplo, o apartado de rehabilitación de edificios e de espazos públicos no casco histórico entra nas competencias de Vivenda, que en colaboración coa consellaría homónima xestionará 2,9 millóns de euros para a recuperación de espazos públicos na Pescadería e na Cidade Vella. A construción do Centro Sociocultural da Ágora, con 4,27 millóns de euros e dependente da Consellaría de Servizos Sociais é o proxecto que conta cun maior investimento neste campo para 2009, mentres que a vindeira actuación arqueolóxica no Castro de Elviña levará 552.478 euros. Entre outros proxectos está o acondicionamento do contorno da Torre de Hércules (96.534 euros achegados polo Concello) ou as políticas de Xuventude e Normalización Lingüística, cuxa concellaría só contará con 53.000 euros para funcionar.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Elviña, Xuventude, Torre, Normalización Lingüística...