A cultura nos orzamentos 2009

Cultura terá menos investimento mentres se reforzan Educación e o I+D+i

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Consellaría de Cultura verá reducidos os seus orzamentos para o vindeiro ano un 3,6%, o que deixa o departamento de Ánxela Bugallo con 179 millóns de euros, seis menos que no actual exercicio. Así o especifica o resumo que se presentaba esta mañá logo de que o Consello da Xunta aprobase o Proxecto de Lei dos Orzamentos 2009. Tamén o Consello da Cultura contará cun 3,2% de recursos por baixo do 2008, quedando en 3 millóns de euros.

Alén dos investimentos dedicados especificamente a Cultura, o goberno prevé incrementar nun 5% os gastos en educación, chegando aos 2.399 millóns de euros. Entre os obxectivos neste campo para desenvolver o segundo Plan de Formación Profesional e ampliar servizos complementarios coma o de comedor e as actividades extraescolares.

Pola súa banda, o gasto en I+D+i, canda ao fomento da sociedade da información, medra tamén un 7,7%, acadando os 175 millóns de euros, dos que 143 van ao primeiro epígrafe mentres 32 destínanse ao segundo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Ánxela Bugallo, Consello da Cultura Galega

Claves

Protagonistas
Conceptos