Os recursos de Cultura diminuirán un 5,4 por cento nos vindeiros orzamentos

É un dos ámbitos máis afectados polos recortes que anunciou onte a Xunta

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

A Xunta de Galicia abordará o vindeiro ano un recorte de 129 millóns de euros nos seus orzamentos, aínda que completará as súas contas cun endebedamento adicional de 114 millóns. Así o anunciou onte a conselleira de Facenda, Marta Fernández Currás, quen culpou ao Goberno Central deste axuste por non ter transferido o Fondo de Cooperación ás autonomías neste ano. A Cultura é o segundo ámbito que se verá máis afectado por esta medida, xa que o orzamento previsto será un 5,4% menos, aproximadamente sete millóns de euros. Á fronte dos recortes está Medio Ambiente e Infraestruturas, cun 5,6% menos investimento. Educación terá 8,7 millóns menos, o que supón unha mingua do 0'4% nos seus recursos.Fernández Currás no entanto, asegurou que malia a política de axuste preservaranse as partidas para axudas a investigadores e tecnólogos, subvencións a industrias culturais e apoio ao turismo.

Que che parece esta nova?
52 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Turismo, Educación, Goberno Central, Xunta de Galicia