O proxecto de orzamentos destina un 4 por cento menos á Consellaría de Cultura

Os cartos destinados á Cidade da Cultura minguan un 13,2 por cento para o vindeiro ano

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O Parlamento acollía esta mañá a presentación do Proxecto de Lei de Orzamentos para 2013. A conselleira de Facenda, Elena Muñoz, debullou unhas contas marcadas polos recortes, que afectan tamén á cultura. Deste xeito, a Consellaría de Educación e Cultura contará para o vindeiro ano, de se aprobar sen modificacións esta proposta, con 2.167 millóns de euros, un 4,3% menos que no actual exercicio. Pola súa banda, o investimento na Cidade da Cultura de Galicia reducirase nun 13,2%, quedando en 10,4 millóns, segundo adianta La Voz de Galicia

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Cidade da Cultura de Galicia, Consellaría de Educación, La Voz de Galicia