A ConsellarÃa de Cultura terá menos menos cartos para o desenvolvemento das súas actividades. No marco do contexto económico de crise, a conselleira de Facenda, Marta Ferández Currás levou o proxecto de lei ao Parlamento onde inciará o seu trámite para a súa aprobación ou rexeitamento polos deputados. A liña xeral dos orzamentos revelan un descenso do gasto social (Educación, Sanidade e Traballo suman unha rebaixa de case 60 millóns de euros) dun total orzamentario que conta con 12 millóns menos que en 2011. O orzamento xeral de Cultura baixa de 133.213.758 a 129.813.08 euros. Dentro deste departamento o recorte máis acusado é o que afecta ao Fomento e Promoción das Actividades Culturais que contará con sete millóns menos, asà como a Coordinación e Promoción do Turismo, que terá tres millóns menos. Pola contra, increméntase de xeito notorio a partida relativa a bibliotecas, arquivos, museos e equipamentos culturais que pasa de 8 a 18 millóns.