O consumo cultural diminúe cada vez máis

Os galegos gastaron 60 millóns de euros menos en bens e servizos culturais entre 2010 e 2011

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Os galegos investiron en bens e servizos culturais un 7,9% menos entre 2010 e 2011, un total aproximado de 60 millóns de euros. A cifra supón un desaceleramento acusado neste tipo de gasto, que baixou un total do 11,5% por cento desde 2008, uns 80 millóns de euros. O Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega publicaba onte unha explotación dos datos galegos da estatística de Gasto de consumo cultural dos fogares do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte.

Na mesma verifícase que a tendencia galega a gastar menos en cultura resulta un pouco máis acusada do que a estatal, onde o consumo mingua unha media o 8,1%. Por fogar, a mingua galega supón que se deixaron de investir neste sector 62 euros, uns 22 por persoa.

Os soportes para o rexistro de imaxe, son e datos e as publicacións periódicas foron os ámbitos nos que máis se aforrou en 2011 fronte ao ano anterior, seguidos polo libro e os espectáculos. Pola contra, incrementouse o investimento en tratamento da información e Internet.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

O recorte comeza polos libros

O recorte comeza polos libros

Un informe do Observatorio da Cultura Galega revela que as familias investiron 15.3 millóns menos en gasto en libros en 2012

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Educación, Observatorio da Cultura do Consello da Cultura Galega, Ministerio de Educación, Internet...