Sobe o gasto dos galegos en cultura mentres baixa o investimento público

O Ministerio de Cultura fai público o Anuario de Estatísticas Culturais

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Os galegos gastan máis en cultura. Cando menos, así se desprende dos datos recollidos no Anuario de Estatísticas Culturais que facía público onte o Ministerio de Cultura. Este estudo, que recolle os principais indicadores vencellados ao ámbito cultural sinala que os fogares galegos fixeron en 2015 un gasto medio de 587,7 euros fronte aos 509,6 do anterior exercicio. Por persoa, o investimento nestes bens e servizos pasou de 201 euros en 2014 ata 235 en 2015, segundo recolle El Correo Gallego. Pola contra, o investimento público da Xunta neste ámbito diminuíu entre 2010 e 2014, ao pasar de 111,1 millóns a 62,2, o que supón unha media 22,6 euros por habitante nese último ano, segundo sinala Europa Press.

Cómpre ter en conta que a estatística sinala que o gasto público nos ámbitos do audiovisual, libros, artes plásticas e escénicas é de 0 euros. Isto non se corresponde coa realidade, xa existen investimentos autonómicos neste ámbito que se realizan en boa medida através da Axencia Galega das Industrias Culturais, e posiblemente non aparezan desglosados na estatística.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, El Correo Gallego, Europa, Axencia Galega das Industrias Culturais...