Galicia continúa á cola en gasto cultural no Estado

Dedicamos a bens e servizos culturais un 2,4% do gasto total

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A poboación galega investiu en bens e servizos culturais un total de 696,5 millóns de euros en 2016. Así o afirma o Anuario de Estatísticas Culturais que facía público onte o Ministerio de Cultura. A cifra sitúa a nosa comunidade como penúltima en gasto medio por persoa ao, con 258,4 euros e por fogar (640,6), só por diante de Estremadura. Ademais, ficamos no último posto na porcentaxe do gasto no total de bens e servizos que dedicamos a cultura, con só un 2,4% fronte á media estatal do 2,7.

Ao igual que no conxunto do estado, tamén no noso país se deu un incremento no gasto en cultura durante o período estudado, ao pasar nos fogares de 587,7 a 640,6. As cotas de televisión, tratamento da información e Internet continúan a encabezar as partidas de gasto, cun 53,1% do investimento total en bens e servizos culturais, mentres se destina a libros e publicacións periódicas un 21,4%, a soportes, equipos e accesorios audiovisuais un 14,7 e a servizos culturais o 10,8%.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Estremadura, Internet, Medios de comunicación