O investimento do 1 por cento cultural non deixa novidades en Galicia

Fomento achega seis millóns de euros a actuacións xa comprometidas no noso país

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A recuperación do Pazo de Liñares, en Lalín, a nova actuación de arqueolóxica no Castro de Elviña, na Coruña a posta en valor do Castelo da Santa Cruz, na Guarda, e mais a intervención nas Torres de Oeste, en Catoira. O Goberno aprovou que o Ministerio de Industria asuma estas intervencións no patrimonio, xa anunciadas con anterioridade, a cargo do 1% cultural. En total, Fomento achegará preto de seis millóns de euros á recuperación de bens no noso país, a cumprir así convenios previos xa asinados.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Pazo de Liñares, Torres de Oeste, Elviña...