O 1% cultural de Fomento financiará a recuperación de dous castelos

As fortalezas de Naraío e Santa Cruz aproveitarán estes fondos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A sinatura, esta mesma mañá, de senllos convenios entre a Consellaría de Cultura e o Ministerio de Fomento, permitirá iniciar os traballos de recuperación dos castelos de Naraío e Santa Cruz. En total son 121.140 euros os fondos que achega o Ministerio a cargo do 1% que dos orzamentos en obras públicas se destinana a actuacións culturais. A eses cartos súmase outro 25% que achegará a Consellaría para permitir a restauración das fortalezas. No caso de Naraío prevese recuperar o muro perimetral da fortaleza entre outros traballos, mentres que en Santa Cruz consolidarase o muro exterior e acondicionarase o contorno da fortaleza.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Fomento

Claves