O Consello da Xunta aproba un convenio para mellorar o castelo de Naraío

O financiamento das obras faise con cargo ao 1% cultural do Ministerio de Fomento

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Naraío é un castelo medieval do século XII vinculado á casa dos Andrade. Está situado nas inmediacións do río Castro e foi declarado Ben de Interese Cultural. Agora, esta edificación entra nunha nova etapa ao aprobarse hoxe no Consello da Xunta un convenio entre a Consellaría de Cultura e o concello de San Sadurniño para acometer unha nova reforma. En total destinaranse 300.000 euros (o 75% achégao o Ministerio de Fomento con cargo ao 1% cultural e o 25% restante a Xunta) para a limpeza, restauración e consolidación dos muros do castelo.

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ministerio de Fomento, Ben de Interese Cultural, San Sadurniño...