O mosteiro de Melón será visitable no 2010

O Ministerio e Cultura destinan millón e medio de euros para recuperar o cenobio

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

O Goberno Galego e o Ministerio de Cultura traballarán da man para impedir o deterioro do mosteiro de Melón. Así o acordaron nun convenio de colaboración que foi autorizado hoxe polo Consello da Xunta. En total destinarán millón e medio de euros (a Xunta achegará 693.458 e o Ministerio de Fomento 946.277 euros a cargo do 1% cultural) para a consolidación estrutural do cenobio. As obras sucederanse ata o 2010, data na que se pretende abrir ao público. Entre os principais proxectos de restauración deste templo destaca o remonte do claustro hoxe derrubado.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Fomento, Goberno Galego, Ministerio de Cultura