Fomento financiará actuacións na Catedral de Tui e no mosteiro de Melón

O importe ascende a 2,35 millóns de euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A través dun convenio entre o ministerio de Fomento e a consellería de Cultura da Xunta vanse realizar obras de acondicionamento de varias dependencias do Conxunto Catedralicio de tui e de rehabilitación no Claustro da Hospedería no Mosteiro de Melón. Na rehabilitación do conxunto catedralicio de Tui financiarase con 100% obras da cuberta do edificio, remodelación das instalacións do pazo co obxectivo de destinalo a usos culturais para musealizar a catedral. No caso do mosteiro de Melón, as obras suporán a recuperación e novo levantamento de parte do edificio en ruínas co obxectivo de darlle un uso de Hospedería. O orzamento das obras nos dous monumentos chegarán aos 2,35 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Tui, Cultura da Xunta, Consellería de Cultura...