A Xunta acomete obras de restauración no mosteiro de Melón

Achegará máis de dous millóns para consolidar fachadas e restaurar cubertas

16/1/2015 | Redacción: Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
1 lecturas | Compartido 0 veces
O Mosteiro de Melón é un dos últimos grandes mosteiros galegos que fican en estado ruinoso. O conselleiro de Cultura, Jesús Vázquez, visitou hoxe o mosteiro e anunciou que se van investir máis de dous millóns de euros na rehabilitación de diferentes partes: desde a consolidación da fachada noroeste ata a restauración das cubertas das ábsidas e a rehabilitación do retablo de San Xosé. Estas reformas veñen tras as acometidas no mosteiro en 2012.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves