Inaugúrase a primeira fase da rehabilitación do Castelo da Santa Cruz

O Ministerio de Fomento financiou o 75 por cento desta actuación

13/1/2014 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Reconstrución dun muro no Castelo de Santa Cruz

A primeira fase das obras de rehabilitacion do Castelo da Santa Cruz, na Guarda, está xa rematada. A ministra de Fomento, Ana Pastor, inauguraba esta fin de semana os resultados desta actuación, que foi financiada nun 75% polo seu departamento a cargo dos fondos do 1% cultural. As obras que se presentaron incluíron a creación dun parque botánico, a consstrución dun paseo polo perímetro da fortaleza e a restauración de elementos como o pozo, a fonte e o pombal existentes no recinto. En total, a actuación contou cun orzamento de 1.033.931 euros, dos cales a Xunta e o Concello achegaron cadanseus 129.000 euros.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelo, Ministerio de Fomento

Claves

Conceptos