Fomento achega fondos á recuperación da fortaleza de Salvaterra

Os máis de 450.000 euros van a cargo do 1% cultural

4/5/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

A segunda fase da rehabilitación da muralla da fortaleza de Salvaterra do Miño, en Pontevedra, contará con fondos do 1% cultural de obras públicas que xestiona o Ministerio de Fomento. En total serán 451.790 euros que se destinarán a recuperar o tramo sur da muralla desta construción do século XVII e mais a urbanizar o seu contorno. A administración local colabora no investimento ata totalizar os 602.387 euros nos que está orzamentada a actuación.

Que che parece esta nova?
38 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Fomento, Miño, Pontevedra

Claves

Lugares