Fomento financia 5 proxectos en Galicia con cargo ao 1,5 por cento cultural

Consolidacións e restauracións son as apostas deste ano

17/7/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Ministerio de Fomento fixo públicas as achegas que realizará en Galicia mercé ao "1,5 por cento cultural", partida orzamentaria que dispón esa porcentaxe a partir do investimento en obras públicas. En total Fomento achegará máis de cinco millóns de euros a cinco obras: a restauración de dúas cámaras da Torre de Hércules (A Coruña), a Casa dos Coengos de Iria Flavia (Padrón), a rehabilitación e reforma da Praza de Abastos (Ourense), unha parte dun lenzo da muralla de Lugo e a rehabilitación do Hospital do Santo Espíritu de Baiona para biblioteca.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Ministerio de Fomento, Muralla de Lugo, Iria Flavia...