Anuncian investimentos na recuperación da Lanzada, na muralla de Lugo e na Catedral de Mondoñedo

Fomento destina máis de 1,2 millóns de euros a través do 1'5 por cento cultural

12/1/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Comisión Mixta do 1,5 por cento cultural do ministerio de Fomento anunciou que destinará máis de 1,2 millóns de euros á recuperación e financiamento de patrimonio cultural en Galicia. Esta resolución é dentro da convocatoria anual estatal do programa do "1,5% cultural" do Estado para investimento en patrimonio. Desta volta, en Galicia consolidarase o cubo VII e o lenzo interior da muralla romana de Lugo, no que Fomento achegará 161.988,75 euros, o que supón o 50 por cento do orzamento total, acondicionarase e urbanizarase o contorno da catedral de Mondoñedo (188.260 euros) no que supón o 75 por cento do orzamento total e en Sanxenxo rehabilitarase o pazo Quintáns como "museo da paisaxe cultural da Lanzada". Fomento asumirá o 75 por cento do orzamento total da actuación, o cal significa unh aachega de 903.923 euros.

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Mondoñedo, Lugo, Muralla de Lugo...