O Ministerio de Transportes achegará 3 millóns de euros a intervencións no patrimonio galego

Cinco proxectos repartirán os fondos do 1,5 por cento cultural

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana daba a coñecer este 15 de decembro os proxectos que financiará a cargo do fondo do 1,5% cultural. En total, o organismo investirá 3.072.041 euros en cinco iniciativas da man desta partida, que sumados a achegas doutras administracións completan uns fondos de 4.970.679 euros. A restauración da Casa da Veeduría da Coruña, orzamentada en 2.475.494 euros, e o proxecto cun maior investimento, do que o Ministerio achegará a metade. Tamén se financiará a Intervención nas cubertas pétreas e no sistema de evacuación de aguas pluviais do Castelo de San Felipe, en Ferrol, con 455.172 e, en Santiago de Compostela, a restauración do pavillón historicista e do muro perimetral de San Martiño Pinario contará con 1.148.005.

A mellora das instalacións museísticas da catedral de Tui, con 586.530 euros e mais a rehabilitación do Ben de Interese Cultural do Castro, no Barco de Valdeorras, cifrada en 305.475, son os outros proxectos que se apoian con estes investimentos.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Transportes, Castelo, San Martiño, San Martiño Pinario...