O 1,5 por cento cultural financiará catro proxectos de recuperación de patrimonio en Galicia

Os Ministerios de Fomento e de Cultura aprobaron o investimento de 1,24 millóns de euros

14/3/2019 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
26 lecturas | Compartido 0 veces

Castelo de San Felipe. Imaxe de Turismo de Galicia

O castelo de San Felipe, a praza da Catedral de Mondoñedo, o mosteiro de Montederramos e a catedral de Ourense repartirán os 1,24 millóns de euros que achegan este ano diferentes administracións nos fondos do 1,5% Cultural. Os ministerios de Fomento e de Cultura acordaban onte as actuacións que se financiarán este ano en Galicia con cargo a esta partida, á que Fomento achega un total de 932.462 euros. En concreto, o Castelo de San Felipe recibirá a 455.581 euros para mellorar as súas cubertas e o sistema de evacuación de augas. A praza da Catedral de Mondoñedo, pola súa banda, contará con 258.739 euros para melloras, mentres en Montederramo 200.000 euros acondicionarán novos espazos para a visita pública. Finalmente, as reixas e púlpitos da capela maior da Catedral de San Martiño en Ourense contarán con 328.962 euros para novos labores de restauración.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas