Novos investimentos recuperarán elementos da catedral de Ourense

A Xunta achega 460.000 para restaurar fachadas e patios

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Recuperar a portada medieval, limpar a fachada norte e acondicinar o patio. Estas son as novas actuacións que se desenvolverán nos vindeiros meses na catedral de San Martiño de Ourense. O Consello da Xunta aprobaba onte un novo investimento de 460.000 euros en traballos de recuperación do templo. A estes súmanse as obras de restauración da pintura do muro norte do nártex, que se acaban de axudicar, e os labores de restauración das cubertas da catedral que inician agora a súa segunda fase. En total, a Xunta aseguraba onte ter investido un total de 1,5 millóns de euros en accións de restauración no templo.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Catedral, Ourense, San Martiño

Claves

Lugares